Friday 03 de May de 2024

Concertos de grupos asistentes ao local de ensaio e espectáculos dj forman a proposta de xuventude para este nadal


A programación estará centralizada na carpa do antigo mercado

Como vén sendo tradicional a Concellería de Xuventude deu a coñecer a súa programación de Nadal que, complementándose coa promovida dende Cultura, ten como público específico ao que se dirixe a mocidade da contorna.

O edil Anxo Orellán encargouse de dar a coñecer este conxunto de actividades que estarán centralizadas na carpa do antigo mercado municipal situada a carón da praza de España. Dous son os tipos de accións que se van a efectuar:

Dunha banda, bandas musicais que están a practicar nestes momentos no local de ensaio situado no Auditorio Municipal demostrarán o seu talentos a través de dous concertos programados para os días 23 e 30 de decembro, de 20.30 a 22.30 horas. Dende a Área Municipal de Xuventude aínda se está a pechar o cartel pero non serán en todo caso máis de catro ou cinco os planteis participantes.

Vertente formativa
E por outra parte, os días 27, 28 y 29 de decembro e o 3 e 4 de xaneiro, de 20.30 a 22.30 horas, haberá espectáculos de luz e son a cargo do DJ Magic Mendes. Esta actividade posuirá unha segunda vertente formativa concedendo aos mozos asistentes a posibilidade de pinchar e mesturar cancións cos equipos do DJ.

Todo o programa é gratuíto e Anxo Orellán convidou á mocidade a que se sumen a esta serie de iniciativas.